blix



Bernardino Graña: Namoro de Lobo Pipo na escola de Don Perico
Ilustracións de Tokio

Col. Sotelo Blanco Infantil e Xuvenil, 10. Serie A máquina de escribir
Ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 1992

Namoro de Lobo Pipo na escola de Don Perico

No tempo no que homes e animais ían a escolas próximas, nunha delas, preto de Lugo, había un alumno que tiña preocupados os pais. Era Lobo Pipo, o nugallón. Como se achegaba o día do grande exame Pascual, decisivo para saber se é maior ou non para desenvolverse só, está intranquilo. Distráese ollando para unha lobiña da escola de enfronte, Lobilai. Entón empeza a notar que lle saen versos, rimas, como as ilusións que lle medran. Pero non se atreve a declararlle o seu amor.
Na escola o Mestre Perico explícalles mediante historias por qué os homes e os burros empezaron a levarse mal ou por qué os primeiros consideran que non é positivo "facer o ganso". Tamén lles ensina cancións. Así, o día do exame, Pipo contestou con xeito e prudencia as preguntas. Aprobou, como tamén Lobilai. E no baile de celebración fixeron parella os dous. Desde aquela, viven xuntos. Teñen cinco lobiños, que tamén van á escola do burro sabio Perico.

88 p. - 19x13 cm.                                                         ISBN    84-7824-158-2



Opinion