| Úrsula
Heinze: Nace un campión Ilustracións de Xan López Domínguez Col. Árbore, 52. Serie Verde Ed. Galaxia. Vigo, 1992 |
|
Andrés Rei López, Andi, de once
anos, causa a risa dos compañeiros porque é moi torpe nos
aparellos de ximnasia. Pero, sobre todo en natación, desde que con seis
anos viu afogar no mar unha amiga. E isto é o máis preocupante,
pois pode privar á súa aula de gañar a competición
do centro que ten como premio un aprobado xeral e mais unha viaxe ás
Canarias. Por iso terán que se aplicar o compañeiro Pablo Vieira
e a avoa Elisa. O primeiro axúdalle a aumentar a forza muscular; a
segunda, nun arranque de determinación, consegue que aprenda a
nadar. |
|