|
Manuel
Lourenzo González: Mundo Arb |
![]() |
Existe unha comunidade
de seres humanos que viven en pólas de árbore. Son os arborenses.
Os campos que cultivan, os montes onde cazan, os ríos polos que navegan
e as cidades nas que habitan están situados en grosas pólas
suspendidas no aire. Os arborenses están convencidos de que non existe
ningún outro mundo máis ca o seu. Un día, uns rapaces
emprenderán unha viaxe que durará un ano e que os levará
moi lonxe da súa terra. Será unha viaxe chea de riscos ao longo
das máis diversas xeografías arbóreas, na que
coñecerán paisaxes e xentes moi diferentes, vivirán
asombrosas aventuras e aprenderán a sobrevivir cos mínimos
recursos, ata acabaren por facer un descubrimento moi especial que
mudará para sempre a vida en Arb. Mundo Arb é unha novela
de viaxes e aventuras escrita ao modo clásico, concibida coma una
homenaxe á loita polo coñecemento humano e ao sentido da
amizade. |
|