blix



Xosé Lois García: A mulemba que fala
Ilustracións de Suso Cubeiro

Montaña Encantada. Serie Verde. Ed. Everest Galicia. León, 2006

A mulemba que fala

Mamá Semba, cansa de varrer as rúas de Luanda, buscou o fresco baixo a frondosa mulemba baixo a que a súa filla Kilumba adormecía e sorría. E a rapaza contoulle o seu segredo: cando era moi pequena soñou que falaban unha folla verde e outra seca. Tapou os ollos tamén a nai e entraron as dúas en soños. Entón as follas falaron como cando Kilumba era nena.
Contoulle a folla seca e vella á folla verde que antes o xentío da aldea facía ronda nocturna acendendo fogueiras para que os animais salvaxes fuxisen dos poboados; que como é máxica fixera durmir ao león ao axexo das gacelas e fartárao de cascas secas, que el comera como se fose carne de gacela; e cando a manda de elefantes quixo botar as tartarugas para teren toda a sombra para eles, fixo que as follas verdes chorasen e por unhas horas secasen, liscando entón os elefantes pola calor. Porque o seu oficio é recoller e contar historias máxicas.
Pero todo cambiou o día que chegaron nos seus barcos os homes con coroza e mallas de ferro facendo fuxir homes e animais. Talaron as pólas máis baixas da mulemba para facer lume, mais non a cortaron de todo pois precisaban a súa sombra. E así han estar centos de anos até que un día as aves, animais e homes volvan para cantar, danzar e contar historias.
Entón acordaron nai e filla e Mamá Semba soubo que as follas da mulemba falan de verdade..

48 p. - 19x12 cm.                                                      ISBN    978-84-403-0537-4



Recensiónslinha

.  
  .  Fala mulemba - Faro de Vigo (.pdf)



Opinion