blix



Tono Núñez: O monstro dos Ancares
Ilustracións de Xosé Tomás

Col. Árbore, 148. Ed. Galaxia. Vigo, 2007

O monstro dos Ancares

Na lagoa de Grandela, nos Ancares, polos tempos de María Castaña viviu un monstro moi medicas: en canto se lle achegaba animal ou persoa metíase nas augas e desaparecía. Pero só de día e nas noites escuras; nas noites de luar volvíase a máis temida das feras: enorme, con longuísimos pescozos, sete cabezas con mandíbulas como gadoupas e un ollo no centro de cada cabeza. Isto sóubose unha noite de marzo cando desfixo a sete mozos que viñan dunha festa: ousaron botarlle un penedo ao bandullo coñecedores da súa sona de pouco valente e só se salvou un coxo que aínda non chegara á lagoa.
O pai de tres deles, o señor máis rico de toda a contorna, xurou vinganza. Mandou adestrar durante tres anos un cento de cans, que un 31 de decembro con noite clara botáronse a el: deixou tinxida a auga cos seus cadáveres. Cando Dominga, a súa filla máis nova e fermosísima, cumpriu os 18 anos, o pai anunciou que casaría con ela quen fose capaz de matar o monstro. Só ousou intentalo un mozo, que lle chantou a espada nunha cabeza, mais coa mesma espada matouno a el o monstro. Até que se atreveu o mozo máis pobre, un criado do señor, que aprendera a amansar unhas víboras con veleno mortal imitándolles o asubío, pois cando o facía quedaba inmóbiles. Pillou sete, baleirou unha cabaza e meteunas dentro. Cando estivo ante o monstro, guindoulle a cabaza e as sete picaron nel ao unísono destrozándoo.O mozo, logo, quedou durmido.
Espertouno o paxaro do amor: viña Dominga cos brazos abertos correndo cara a el.

58 p. - 20x13 cm.                                                       ISBN    978-84-7154-008-9



Opinion