| Cristina
Sáez Cazallas: Moko Ilustracións de Fernando López Suárez Col. Golfiño, 1. Bahía Edicións Vigo, 1998 |
|
O narrador protagonista desta historia é
Iago Alfonso, o cal é moi infeliz no contorno da súa familia,
pois a pesar de ter unha posición social privilexiada, sente a falta de
amor dos seus pais e irmá. Só Conchi, a súa asistenta, lle
presta atención e cariño e a ela lle confesa os seus sufrimentos.
Ela é tamén o obxecto dun oculto desexo de nenos que inicia o
camiño de adulto. Un día as cousas mudan radicalmente cando
encerrado na casa a causa dun castigo divisa dende a fiestra unha
estraña masa violácea que resulta ser un "ozoniño"
caído do ceo. Polo seu aspecto viscoso bautízao co nome de Moko e
entre os dous nace unha estraña relación. Moko explícalle
que caera do ceo pola man do home que está a destruír a capa de
ozono. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1998 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia Coordinación: Mª Isabel Soto López Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000 |