| Fina
Casalderrey: Un misterio na mochila de Alba Ilustracións de Xan López Domínguez Col. Camaleón. Serie Laranxa, 10. Planeta&Oxford Barcelona / San Fernando de Henares, 2005 |
|
Nunha vella casa
abandonada instálase un día Alba. Non leva nada consigo, non
coñece a ninguén, pero é feliz vivindo en plena
comuñón coa natureza, alimentándose dos froitos que esta
lle dá, comunicándose cos paxaros e xogando cos peixes. O
único que ten de seu é unha misteriosa mochila da cor da cereixa.
Nela ten todo canto necesita e por ela está sempre contenta ante o
asombro da xente da vila. Intrigados polo misterio do seu contido, uns rapaces
ofrécenlle cambiala por xeados, convertela en fada se llela dá ou
regarlarlle as estrelas. Mais Alba non renuncia ao tesouro gardado nela, que
finalmente se descobre para o lector: "unha goma de borrar malos momentos, unha
caricia, unha aperta, un anaco de pan duro e un bico tenro". |
|
| Traducións |
| Un misterio en la
mochila de Alba Il. Manuel Uhía - Trad. Xan López Domínguez Col. Camaleón. Serie naranja. Planeta & Oxford. Barcelona, 2007 80 p. - 20x13 cm / ISBN: 978-84-9811-080-7 |