blix



Teresa González Costa: O misterio das ganas de durmir
Col. A Pinguela, 59. Eds. Fervenza. A Estrada, 2008

O misterio das ganas de durmir

Na recepción dun hotel de verán, e co protagonismo da recepcionista que leva meses lendo unha novela de misterio que non dá rematado polas continuas interrupcións dos clientes, pasan e falan unha Raíña que vai celebrar o aniversario botando o mesmo discurso anual, unha domadora de pulgas que saben dar saltos mortais e saudar en diferentes idiomas, un pintor de menceres que sempre chega tarde porque lle leva tempo almorzar e fixo un retrato da raíña. Cómpre resolver un grave problema: alguén lle roubou as ganas de durmir á soberana. Por iso aparece un vendedor de sono, que ofrece as súas ovellas, bolsas de auga para quentar os pés ou o recurso da hinopse mediante a palabra bufanda; e tamén un detective privado que actuou de maceira nunha película.
Ao final, a solución non é tan complicada como a encerella o detective: simplemente, a raíña esqueceu a botella do sono no peto do traxe que enviou a limpar á tinturería. Así, cando comeza o seu discurso anual, abrindo a botella conseguen librar del, porque volve o sono para onda ela.
Peza de teatro breve, de escena única.

30 p. - 22x16 cm.                                                   ISBN    84-96368-66-1



Opinion