blix



Fina Casalderrey: O misterio dos fillos de Lúa
Ilustracións de Manuel Uhía

Col. O Barco de Vapor, Serie Laranxa, 21
Ediciones S.M. Madrid, 1995
Premio O Barco de Vapor 1994
Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil

O misterio dos fillos de Lúa

David, un rapaz de oito anos, convértese en narrador para contarnos como transcorre a súa vida mentres trata de resolver un misterio: ¿que pasa cos fillos da gata Lúa? ¿Por que lle desaparecen sempre ó acabar de nacer?
Nesta empresa é axudado por Branca, a súa noiva, coa que comparte a mascota. Branca é quen lle pon ese nome tan sonoro (porque a lúa sae de noite e ós gatos gústalles pasear cando hai lúa) e quen coidará tamén da gata. Ambos convértense en detectives que tenden trampas, vixían, investigan... e non descansarán ata dar coa clave.
Acabarase sabendo qué pasou cos gatiños e, o que é mellor, ¡serán capaces de salvar a última niñada!

128 p. - 19x12 cm.                                                            ISBN    84-348-4674-8



{short description of image} A nosa literatura infantil e xuvenil 1995
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Carmen Bar Cendón, Xulia Barros e Mª Xesús Fernández.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 9. 1997



Opinion