blix



Carlos López: Minimaladas
Ilustracións de David Pintor
Col. Merlín, 177. Edicións Xerais. Vigo, 2007
Premio Merlín de Literatura Infantil 2007

Minimaladas

Conxunto de sesenta historias mínimas protagonizadas por animais diversos. Algúns teñen que solucionar problemas, como o león que queda calvo ou o camaleón que non sabe cambiar de cor; outros, como o crocodilo que non quere ser cinto nin bolso, cavilan no futuro; pero todos se presentan sen transcendente dramatismo: o ourizo xoga consigo mesmo á pelota, á ovella negra sáenlle canas de vella e non parece negra, o lobo para quedar durmido conta as ovellas que comeu, o cuco de reloxo xubilado xa só canta no bosque unha vez no ano, na primavera...
O núcleo temático é anecdótico e utiliza os xogos de palabras ou o equívoco. E as ilustracións, tamén minimalistas, comparten o divertido xogo textual.

64 p. - 20x18 cm.                                                          ISBN    978-84-9782-672-3



.  

RECENSIÓNS

  .        Juancho Martínez - La Voz de Galicia
       Ana Amado - Protexta (.pdf)



Opinion