|
Manuel
Rivas: Milu |
![]() |
A mellor amiga de Milu
era unha televisión, porque pasaba moito tempo soa na casa mentres os
pais estaban traballando. Un día o pai, que era moi alegre, deixou de
cantarlle cando volvía do traballo e deu en vir triste e bébedo:
seica perdera as cancións. E a nai tamén deu en perder cousas: o
bolso, o pan... Ás veces, os pais mesmo se perdían e non
volvían á casa. Pero ela tiña a súa Nana, a
súa televisión pequena, que era a súa
compañía. Unha noite, o pai berrou que vía cascudas por
todas partes... e marchou da casa. Como non volvía, a nai díxolle
a Milu que se perdera. Pouco despois, a nai xa non se levantaba da cama nin
ía ao traballo. |
|
traducións |
|
| recensións |
|