blix



autor          ·          lector         ·         colección         ·          xénero         ·          ano



Agustín Fernández Paz: O meu nome é Skywalker
Ilustracións Fran Jaraba
Col. O Barco de Vapor, Serie Laranxa, 27. Eds. S.M. Madrid, 2003
Premio O Barco de Vapor 2003
White Ravens 2004

O meu nome é Skywalker

Desde a fiestra do seu cuarto piso, Raquel descobre entre a marea de xente que entra e sae do novo gran supermercado a un home de pantalón negro, chaqueta estrafalaria, pelo branco e unha pequena caixa na man dereita. Pero ninguén repara nel. Todos pasan ao seu lado sen miralo, como se fose transparente, agás os nenos. E cando estes, sorprendidos, o ollan, os pais tiran deles para non deter a súa marcha. Tampouco a mai da rapaza pareceu velo, nin ao entrar nin ao saír de comprar, aínda que el se lle puxo practicamente diante. Tiña onda el un cartón rectangular que poñia "Non teño traballo. Necesito comer" e unha caixa metálica con algunhas moedas dentro.
Desde ese día, Raquel, intrigada, ofrécese a baixar polo pan ou o periódico e obsérvao de preto: ten pelo branco, barba de dous días e na ollada unha tristeza infinita. Ata que se atreve a dicirlle que coñece o seu segredo: é invisible, por iso os maiores non o ven. El cóntalle co seu acento estranxeiro que é un visitante das estrelas, un explorador doutro planeta, que vén estudiar os homes, pois sabe o que pensan cando pasan á súa beira. Chámase, seica, Skywalker, como o da Guerra das Galaxias, que significa "o que percorre o ceo". Ela comprométese a gardarlle o segredo.
Sempre que pode baixa falar con Skywalker, que lle conta que no seu planeta era músico e mesmo escribira poemas. Alí está el cada día, mesmo cando a ela lle dan vacacións no colexio. Aínda que á hora de xantar desaparece. Raquel ségueo e averigua que se agacha no baixo da Casa dos Gatos, unha casa abandonada onde cun forniño de gas prepara unha sopa de verduras, pois segundo el dálles aos do seu planeta a enerxía necesaria para resistir. Polas noites vai durmir a un cráter da Lúa, a onde se traslada só con pensalo.
Unha noite ao saír do cine, Raquel descobre que hai homes que dormen envoltos en cartóns nas entradas dos portais luxosos do centro. Un deles parécelle Skywalker. Cando ao día seguinte llo comenta, este infórmaa de que, como rematou a súa misión na Terra, vai retornar ao seu planeta. Como lembranza da súa amizade, regálalle unha bóla de cristal transparente cunha lúa e unha paisaxe nocturna que ao achegala á lámpada aluma un anaco na escuridade. Raquel agasállao cunha buguina para que escoite o mar no seu planeta, onde non existe. Esa noite ela mira a súa bóla de cristal e mándalle un bico ollando a lúa, a mesma que Skywalker mira desde o vagón do tren de carga no que vai, con outros homes invisibles coma el, a maioría de pel escura, que os acabará deixando nalgunha estación doutra cidade descoñecida.

90 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-348-9535-8



Traduciónslinha

Castelán Mi nombre es Skywalker
Col. El barco de vapor. Naranja, 164. Ed. SM. Madrid, 2003
91 p. - 19x12 cm / ISBN: 84-348-9645-1
Catalán Em dic Skywalker
Il. Ignasi Blanch - Trad. Josep Sampere
Col. El vaixell de vapor. Taronja, 143. Ed. Cruïlla. Barcelona , 2005
91 p. - 19x12 cm / ISBN: 84-661-1060-7
coreano O meu nome é Skywalker
Ed. Myung Jin, 2004

Recensiónslinha

.  
  .  Consello da Cultura Galega na rede - Isabel Soto



Opinion