blix



Antón Cortizas Amado: Memorias dun río
Ilustracións de Marina Seoane

Col. O Barco de Vapor. Serie Laranxa, 7
Edicions S.M. Madrid, 1989
Premio O Barco de Vapor 1988

Memorias dun río

A partir do manuscrito atopado nas escamas dun vello salmón coñecemos as memorias do río Runxidoiro, no país de Gazandia.
Por elas sabemos da orixe dos ríos, riscos no chan feitos por xigantes hai miles de anos, e da súa forma de serpe, por culpa de dúas lobas que encantaron a unha princesa. Tamén hai lugar para as aventuras da pinga que, mareada no encoro recén inaugurado, foi aparecer na casa e na calva dun avogado; para os esforzos dun enxeñeiro de camiños por recuperar o seu reflexo que, nunha broma, o río lle levou, ou para vivir o final da eterna inimizade entre o Conde Lucio e o Conde Crecho, habitantes das dúas beiras do río. Coñecemos os seres que o habitan, como o Dragón da Furada Negra, que só existe no bafo, ou o salmón Salar e o seu heroico desove.
E no seu longo vivir non podían faltar os piratas, que intentaron secuestralo para que non chegase deica o mar. Non o conseguiron: o río aínda leva auga e contén moita vida.

128 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-348-2701-8



Memorias dun río . Antón Cortizas: Memorias dun río
Ilustracións de Fernando García


Col. Sotelo Blanco Infantil e Xuvenil, 43. Serie O Ordenador.
Editorial Sotelo Blanco. Santiago, 2001


Reedición noutra editorial e colección. Novas ilustracións.


124 p. - 20x13 cm.                 ISBN    84-7824-378-X



Opinion