| Paco
Martín: Medio burato Ilustracións de Irene Fra/Xoán Balboa Col. O Barco de Vapor. Serie Laranxa, 24 Ediciones S.M. Madrid, 2000 |
![]() |
Novela de aventuras, estruturada en oito capítulos, que comeza cando Martiño, un rapaz de trece anos, os seus amigos, o zapateiro da vila e a señorita Mimí atopan un medio burato na zapatería do señor Venancio e unha fita dunha doncela do medievo no seu interior. A raíz destas aparicións e da observación dun rostro semellante ao de Martiño nun gravado do século XV, o protagonista trasládase temporalmente ao pasado, á época dos cabaleiros. Nese mundo atópase baixo a tutela dun sabio medieval que lle ensina os costumes e a forma para ser cabaleiro. Na súa andaina, ademais de aprender as normas cabaleirescas e o sistema de xerarquización social da época, decátase do amor que sente por unha das súas amigas, é armado cabaleiro e acaba malferido por un dragón de oito cabezas ao intentar defender a súa amada. O desmaio ocasionado pola dor da ferida fai que Martiño volva á súa época non sen antes decatarse da semellanza que teñen moitos dos habitantes da época medieval cos amigos que deixara no presente. Unha vez de volta na súa época pensa que todo o que lle acontecera fora un soño. |
|
|
Gálix: A nosa literatura infantil e xuvenil
2000 |