blix



Concha Blanco: A maxia da bóla metálica e outros contos
Ilustracións de F. Mantecón

Col. A Curuxa, 5. Edicións do Cumio
Vigo, 1995

A maxia da bóla metálica

Este libro está formado por cinco historias protagonizadas por nenos e animais.
Nunha delas, "A viaxe pola tubería", preséntase o ratiño Pérez, personaxe da tradición popular e amigo dos nenos e nenas cando lles caen os dentes. Catuxa, a protagonista deste conto, tamén recibe a máxica visita do ratiño Pérez.
A fantasía e a realidade xúntanse nestes contos. A personificación dos animais e de distintos obxectos, dá lugar a unhas historias sinxelas e axeitadas para o público infantil que comeza a introducirse no mundo da lectura.

96 p. - 18x13 cm.                                                            ISBN    84-8289-012-3




A nosa literatura infantil e xuvenil 1995
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Carmen Bar Cendón, Xulia Barros e Mª Xesús Fernández.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 9. 1997



Opinion