blix



Gloria Sánchez: Matapitos.com
Ilustracións de Fran Jaraba

Col. Merlín. Edicións Xerais. Vigo, 2000

Matapitos.com

Marta Matapitos, unha desas meigas chuchonas que vampirizan a enerxía vital dos nenos, reinaba no seu lugar preferido, a escola, da que era a directora.
Aínda que tiña un problema: segundo Ordenator, a páxina de meigas en Internet, Casilda Belida, a profesora da biblioteca, era a máis lista do centro. Destinouna para a aula de tres anos: alí había virar vella e fea. Non lle resultou: os nenos eran felices porque lles lía contos.
Matapitos preparou entón unha apócema para desfacerse dela, pero salvouna Moncho, o conserxe, e marcharon os dous a vivir nunha casiña de aldea. Eran bastante felices.
Contratou logo un novo conserxe-profe de tres anos, Maximiliano Caracortada, que xa nin se acordaba de se fora neno. Sen xeito para os cativos, foinos enredando como malamente puido, ata que os levou de excursión ao monte e alí os deixou. Sós na noite, atoparon un pazo cheo de lambetadas, que resultou ser de Matapitos. Pechados, tiñan que aprender a táboa do seis. Ata que Moncho, que traía a sopa de sobre do súper, os rescatou. Prenderon a bruxa e Maximiliano embarcou de polisón nun barco para o Brasil.
Foi nomeada directora do colexio Casilda. Cando Matapitos deu saído da cadea, subornando a un gardián, raptou os pequenos entrando na aula cun tanque. Gracias a un que se agachara, liberounos Casilda. Botoulle logo combustible de aeronave ao tanque: a meiga saíu voando. Seica anda polo ceo.
Moncho volveu de conserxe para o colexio. Anos despois, un notario trouxo un zapato de charón: quen o puidese calzar herdaría as propiedades da bruxa. Como Moncho non o probou, pasaron para o Concello. Deste xeito, pola súa culpa ten que rematar a historia.
No remate conta a autora das maldades de Matapitos: buscando evitar as ilustracións, transformou en ra a Fran Jaraba.

104 p. - 19x14 cm.                                                            ISBN    84-8302-519-1



Opinion