blix



X. Neira Vilas: A Marela Taravela
Ilustracións de Zarza

Ediciones Celta
Lugo, 1976

A marela taravela

A vaca Marela acordou nunha corte nova ao volver da feira. Era dunha familia pobre, sen máis facenda. O rapaz da casa, Xuxo, de nove anos, encárgase dela e observa abraiado como lía cunha xuvenca polo territorio, ou castígaa cunhas vareadas cando escarreira logo de sufrir a picadura dun tabao. Ten que traballar sen compañeira de xugada, pare un cuxo que aos seis meses lle venden para facer cartos e tamén soña que é unha rapaza con amigas. O seu sentido da xustiza fai que lle estrague, logo de comer a fartar, os repolos do señor de Pazos, ruín, abusón e castelán falante, ou que impida, cando anda de palique amigable coa ovella, a morte dunha lebre cortándolle o paso ao cazador.
Pero todo o bo remata: un día levárona á feira de Lestedo e vendérona. Ela marchou triste e Xuxo sentiu a súa ausencia como a perda dunha grande amizade.

60 p. - 16x22 cm.                                                          ISBN    84-7044-075-6



A marela taravela . X. Neira Vilas: A Marela Taravela
Ilustracións de Xaquín Marín


Col. Árbore, 11. Serie Verde
Editorial Galaxia. Vigo, 1989


Edición revisada ortograficamente. Novas ilustracións.



59 p. - 20x11 cm.                 ISBN    84-7154-673-6



Opinion