blix



Mª Victoria Moreno: Mar adiante. Historias de nenos pra nenos
Ilustracións de Mª Victoria Moreno

Ediciós do Castro. Lugo, 1973

Mar adiante

Unha mestra dun colexio importante contoulles un día aos compañeiros que viña de poñer escola nun barco, o Arroás. Como non a creron, e ela sabe que non o soñou, escribe a historia para que os rapaces a coñezan.
Sabemos entón de Miguel, que fixo un barco cando soubo que o mestre ameazara aos rapaces con tiralos ao mar cos libros ao pescozo se non sabían a táboa do sete. E púxolle tripulación: un poeta, un debuxante, un amigo das estrelas e unha cociñeira velliña e garimosa, Lola. Non faltaban, claro, o capitán, e mais a mestra.
No barco os nenos aprenden cousas que non veñen nos libros: a historia dos mozos náufragos aos que o patrón rico non quixo acudirlles, a de Mariquiña, que se fixo amiga dun lobo a quen agora todos os veciños queren e coñecen como Garimoso, a da illa dos paxaros que escaparon da persecución dos homes da aldea, que seica querían protexer as colleitas, a historia de amor imposible entre un vagalume e o Luceiro, que sae antes e marcha despois para que o vexa a súa amada, e mais a de Lola, que lles fixo unha árbore de Nadal con argazos camiñando sobre o mar e logo quedou durmida para sempre.

62 p. - 23x17 cm.                                                               ISBN    84-300-5745-5



Mar adiante . María Victoria Moreno: Mar adiante
Ilustracións de Manolo Uhía

Col. Merlín, 193
Edicións Xerais. Vigo, 2009

Primeira edición nesta colección con novas ilustracións


88 p. - 20x11 cm.                 ISBN    978-84-9914-007-0



Opinion