blixautor/alector/acolecciónxéneroano



An Alfaya: O maquinista Antón
Ilustracións de Manuel Uhía

Col. Altamar, 11. Serie Teatro. Ed. Bruño. Madrid, 1993
Primeiro premio da Mostra de Teatro Infantil "Xeración Nós" 1991


O maquinista Antón

Cando na estación unha voz anuncia a chegada do tren con destino a Santiago, o xefe da estación busca apuradamente ao maquinista Antón. Van chegando os pasaxeiros, que agardan mentres o tren non aparece nin tampouco o maquinista: unha anciá coa neta, á que entretén un pallaso con globos, que lle regala un e fai xogos simpáticos de maxia ao tempo que toca a harmónica; un pescador de soños, que trae na cesta, e agasalla á rapaza co frasco da alegría, pero non pode facer o milagre de que falen ben unha parella de mozos, xa que el tatabexa e ela só emprega a vogal i; unha muller adiviña, que se dirixe a un congreso de bruxas en Compostela, aparece arrastrando un crocodilo de mentira como se fose un cadelo... E aínda que o tren por fin vai chegar, Antón négase a conducir a locomotora, pois cúmprense vintecinco anos desde que soñou con ser maquinista, por máis que a anciá conseguiu atopalo e tráeno agarrado pola orella. E, falando de soños que se han cumprir, a nena conta o seu de ser bailarina, o que provoca que todos bailen en corro. Neste clima festivo e amigable, con xogo de adiviñas incluído, Antón xa non se pode negar a conducir o tren...
Ademais, o público desta peza de teatro tampouco pode permanecer alleo, pois recibe soños do pescador de soños ou é convidado a cantar ou bailar nun encadeado final, como un tren alegre neste divertido xogo teatral.
A edición ábrese cun "Comentario da autora" sobre as características (linguaxe e escenografía sinxelas, acción áxil e participativa, cun conflito principal claro, sen demasiadas complexidades...) que debería reunir toda peza teatral. Péchana unhas "Propostas de traballo" lúdicas da autoría de Gloria Sánchez.

92 p. - 12x19 cm.                                           ISBN    84-216-2073-8

O maquinista Antón .

An Alfaya: O maquinista Antón
Ilustracións de Santy Gutiérrez


Col. Merlín, 197. Edicións Xerais. Vigo, 2009

Nova edición noutra colección e editorial, con novas ilustracións. Ademais, desaparecen a introdución metateatral e as propostas de traballo

75 p. - 14x19 cm.         ISBN    978-84-9914-052-0

.



Opinion