| Xosé A.
Neira Cruz: Mambrú, cociñeiro de
perfumes Ilustracións de Pablo Prestifilippo Col. Camaleón. Serie Amarela, 10. Planeta&Oxford Barcelona / San Fernando de Henares, 2005 |
|
Cando
Mambrú volveu da guerra prometeuse que nunca máis había
ser soldado, pola tolemia que viña de vivir. Pensou en traballos
interesantes que lle gustaría descubrir e acordou que lle
apetecía ser perfumeiro. Na biblioteca, informouse sobre o que lle
cumpría para exercer ese oficio. Un libro díxolle coa súa
lingua de papel que antes de nada tiña que mudar o uniforme por un novo
traxe con cores e petos; logo, tiña que atrapar os arrecendos
máis ricos do mundo, metelos en botelliñas de cristal e despois
mesturalos. Púxose a atrapalos: uns, os máis fortes, con rede e
trueiro; os máis pegañentos, coa axuda dun desentupidor; os moi
finos, cunha peneira; os máis sutís, con aspirador. Cando tivo
unha colección dos olores máis ricos, mesturounos durante
semanas. Ao rematar, montou un telderete na praza maior da vila cun cartel:
"Faga que a súa vida ula mellor". A xente achegouse a ulir os
botelliños: recendía a papas de arroz con canela, a bocata de
luras, a chocolate quente e espeso, a churros quentes... e moitas máis
comidas e bebidas deliciosas. Tiveron un rotundo éxito as fragrancias
ricas en calorías. |
|
| Traducións |
| Mambrú,
cocinero de perfumes Il. Pablo Prestifilippo Col. Camaleón. Serie amarilla . Ed. Planeta & Oxford. Barcelona, 2006 32 p. - 20x13 cm / ISBN: 84-9811-021-1 |
| Recensións |
| |