blix



Chus Pereiro: ¡Mamasiña, que medo!
Ilustracións de Cuchi Soto

Col. Merlín. Eds. Xerais
Vigo, 2002

¡Mamasiña, que medo!

A bruxa profesional Celidonia Colondra, coa vasoira derramada, aterra en Xalundes. E atópase con que alí, segundo contan tres cegos, hai un xigante, Xuvenco, que papa de noite á xente. Aínda que ela se resiste a crer tal historia, confírmanlla os homes e mulleres: leva papados o alcalde, os gardas e o cura. Por iso en canto escoitan a campá da porta do castelo, o aviso de que sae Xuvenco, todos escapan. Pero, como a vasoira non lle vai, ela non pode fuxir. Aparece entón un morcego enorme á busca dun doutor: o xigante, que tamén comera o médico, está enfermo. E ela non o pode axudar pois é vella e desmemoriada. Como quedaran de atoparse as bruxas en Xalundes, chegan Chincha (bruxa tradicional) e Chincheta (inexperta e nova, con aire de modernidade, afillada de Celidonia). Para coñecer o xigante van ao castelo voando nunha vasoira impulsada por milleiros de piollos.
O xigante resulta ser pequeno e con roupas enormes. Velaí a súa enfermidade: encolleu. Chincheta, picada por un mosquito (se cadra, un príncipe encantado) diagnostica co seu ordenador portátil Ocus-listus, que lle chucharon o sangue. De mal xenio, Xuvenco bota fóra a pantasma do castelo e o vampiro Ramiro, o amor de Celidonia que se instalara alí pensando que era un castelo de turismo rural. Ao que ela o viu, sentíndose rexuvenecida, recuperou a memoria e acordouse do bebedizo de agrandar xigantes, que preparan entre as tres. Xuvenco está alegre pois vai ser de novo un xigante canalla e malvado. Pero o caldiño só lle vai agrandar o corazón e xa antes de tomalo manda chamar a todos os habitantes de Xalundes para celebrar que agora é boa persoa e grande de corazón. Todos foxen aterrados da festa ao vir un mosquito xigante que papara o bebedizo. Reclama outro para desenmeigar un príncipe convertido en mosquito. Contan os cegos que é o "mosquito chuchanenos" que anda pola sala.
Peza de teatro en dous actos xa estreada por rapaces e rapazas dun colexio de Vigo.

68 p. - 19x14 cm.                                                          ISBN    84-8302-785-2



.  
MATERIAIS

  .  Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais




Opinion