blix



Antonio García Teijeiro: Lueiro de papel
Ilustracións de Mª Antonia Pascual

Col. Merlín. Edicións Xerais
Vigo, 1995

Lueiro de papel

Desde a proclama poética inicial convocando a pintar a lúa de todas as cores no lueiro de papel de sombra morna, a lúa é invocada como protagonista en todos os poemas.
Ela esgaza as negras teas da noite e acocha as tristuras, porque é como unha flor do ceo. Repinta as augas novas do río, que por iso baixan ledas. É como un xornal sen letras nin follas no que se poden ler risas e novas. Aínda que ignora o seu rato namorado, fala coa choiva e o mar buscando botarlle unha man á pobre Terra, tan contaminada. Cociña pratos ricos e convida ao sol, que vai logo ao traballo e ela para a cama. Dorme no mar e ronca, polo que a noite se anoxa ventando o inverno. E ten o seu gran amigo no sol: son como dous cabaliños que galopan no ceo cos paxaros, como dous navíos entre os peixes ou como merlos e outonos que pintan soños.
Pero a lúa non quixo saber dos amores fuxidos, e tapou os oídos.
Porque este é un poemario musical, vivo e lúdico no que non faltan as paráfrases de catro greguerías de Ramón Gómez de la Serna, un poema-xogo para contar e versos que son adiviñas.

46 p. - 19x14 cm.                                                          ISBN    84-7507-926-1



.  
MATERIAIS

  .  Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais




Opinion