blix



Xosé Miranda: Lúa e os nubeiros
Ilustracións de Fran Jaraba

Col. Sete Mares, 11. Editorial Galaxia. Vigo, 2000


Lúa e os nubeiros

Lúa soña que viaxa ata unha gran nube onde coñece a un tronante chamado Xan Cabrito, que a colle prisioneira ata que a salvan Xaime e Antón, dous irmáns que chegan á nube en globo. Xan Cabrito esperta e consegue retela por segunda vez ata que a salva un loro. A partir de entón, a nena e o loro vivirán unha serie de aventuras e coñecerán a numerosos personaxes, que loitan entre eles co malvado capitán Ramón Nogueira e a súa tripulación de piratas, o mago Sufra´h, Álvaro, a Raíña Xoana, Benito Cabrito ou a bruxa. Ao final da historia e xusto antes de espertar do seu soño, Lúa volve a súa casa montada nunha fermosa manta máxica e cando esperta non sabe se a súa fantasía foi real ou non.

112 p. - 12x17 cm.                                                       ISBN    84-8288-392-5

{short description of image}

Gálix: A nosa literatura infantil e xuvenil 2000
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Col. Guías culturais, 26. Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) - Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo - Dirección Xeral de Promoción Cultural. Santiago de Compostela, 2002



Opinion