blixautor/alector/acolecciónxéneroano
 



Agustín Fernández Paz: Lonxe do mar
Ilustracións de Fran Jaraba
Col. Ala Delta, 7. Serie Azul. Tambre - Grupo Editorial Luis Vives. Vigo, 1991


Lonxe do mar

Ana vive preto da cima da montaña Pena Branca. Gústalle subir ao cume, sentar nunha rocha que imaxina que é o lombo dun dragón e mirar as montañas ao lonxe. Sabe que máis alá está o mar, que só coñece pola televisión. Soña con chegar onda el.
Seu pai prometéralle varias veces que a ía levar pero sempre atopaba desculpa nos labores do campo para aprazar a viaxe. Un domingo, por fin chegou o día. Ademais, tamén pode montar por primeira vez no tren. Van entón os dous a unha vila mariñeira. Alí está o mar inmenso coas gaivotas, a branda area da praia, a súa auga en movemento, transparente e non azul, salgada. Emocionada, sente entón que o mar é un novo amigo que nunca poderá esquecer.

64 p. - 18x13 cm.                                                          ISBN    84-263-2029-5



Opinion