| Paula
Carballeira: O lobishome Ilustracións de Pablo Otero Col. Camaleón. Serie Amarela, 17. Planeta&Oxford Barcelona / San Fernando de Henares, 2007 |
|
Nunha encrucillada
de camiños unha noite de lúa chea, un Cazador agarda nos escanos
do cruceiro coa súa escopeta de balas de prata: intenta cazar un
lobishome. Aparece unha Cazadora coa mesma intención e logo
úneselles unha muller de vermello que vén esperar os seus fillos.
Falan e cando mencionan a palabra sangue descobren que é unha Vampiresa.
Como se aburren, canta ela a canción das noites escuras, convocando como
coristas aos Morcegos, os Gatos Negros, as Pantasmas, os Demos e os Trasnos,
que piden que a noite os agoche para que ninguén os descubra xamais e
logo intentan devorar os cazadores até que a vampiresa os expulsa.
Tamén os quererían comer os tres vampiriños, que
veñen famentos, pero a nai dilles que non son comestibles e promete
darlles na casa un pastel de vermes e samesugas con chocolate. |
|