blixautor/alector/acolecciónxéneroano



Carlos Labraña: Lendas da noite de San Xoán
Ilustracións de David Pintor

Col. Ler é Vivir. Ed. Everest Galicia. A Coruña, 2008


Lendas da noite de San Xoán

Na noite máxica de San Xoán, cando os nenos xogan a brincar o lume da larada e facer trasnadas, un home que conseguira o libro do Ciprianillo a cambio dunha leira vai co seu fillo deica o Penedo da Moura, que agacha un tesouro. Di as palabras e o penedo que tapa a entrada da cova fende pola metade. Sae logo unha moura, unha dona encantada como castigo por non aceptar casar co home que o pai elixira para ela, que lles di que só poderán conseguir o tesouro se el lle dá un bico, desencantándoa así. Mais a súa Sombra impídeo dándolle unha presa de ouro, polo que o home marcha todo contento, aínda que non tardará en volver porque é "do que caga o mouro".
Uns nenos deixan alí o carro do vello muiñeiro, que quedara a durmir nel pensando deste xeito evitar que llo levasen lonxe, como os outros anos. Un deles limpa a cara coa auga das herbas de San Xoán que collera a moura e despois de botarlle fariña do muiñeiro á Sombra da moura, libera a esta. Aínda que o ouro quedou na cova, novamente pechada polo penedo. E van logo tras do sol, que comeza a danza máxica das mañás de San Xoán.
Peza dramática breve que recolle as diversas tradicións da noite máxica de xuño.

34 p. - 12x19 cm.                                                      ISBN     978-84-403-1064-4



Opinion