blix



Dolores Ruiz: A lenda do capitán Miñoca
Ilustracións de Irene Fra

Col. O Barco de Vapor. Serie Laranxa, 22
Ediciones S.M. Madrid, 1999
Premio O Barco de Vapor 1998

A lenda do capitán Miñoca

O capitán Miñoca é un pirata fero e soñador que vaga só coa súa soidade no pequeno navío Esperanza á busca da terrible pirata Setemortes, esa que un día o derrotou e abandonou sen víveres nin barco na Illa do Esquecemento. Pola ondiña azul Mariña sabe que habita no Mar da Morte, onde todo é destrucción e de onde ninguén sae nunca. Navega cara a alá e atopa o parvo vento Contento, a pantasma de mar e o perigoso Vento da Morte, que lle queima un ollo e deixa á deriva o seu Esperanza.
En Terra de Muros chora onda unha meiga o seu desamor e por fin atopa a pirata na Taberna do Corvo. Bátense e perséguea mar adiante, pero unha incisiva ollada cara a cara fai que decidan encher entre os dous as respectivas soidades.

112 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-348-6715-X



Opinion