blix



Carlos Casares: As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas
Ilustracións de Luis Seoane

Ed. Galaxia. Vigo, 1973

As laranxas máis laranxas

Peza de teatro ambientada na horta dunha casiña de planta baixa na que destaca un limoeiro con cinco laranxas enormes, as laranxas máis grandes do mundo.
Cando o amo da casa lle toca a unha, estóupalle na cara. Alertados polo ruído, aparecen os veciños, que non se poñen de acordo sobre qué son os froitos da árbore. As propias laranxas acláranlles que o son.
O Veciño da Escopeta móstrase disposto a abrir unha a tiros. O Veciño Gordo, o Toneladitas, desmáiase coa fame e líscalle voando un zapato. No rebumbio, a galiña Petra ri e pon o ovo máis grande do mundo, que pide que o batan con coidado. O problema é cómo cascalo, razoa a Veciña Sabida. Ante a ameaza de que sexa dun tiro, o ovo protesta e entón a muller da casa, Anxa, cóntalle o conto do ovo bo e o malo. Pero equivócase e conta o de abrir as fontes, polo que o ovo comeza a cichar un líquido amarelo que deixa ao Veciño Torto co ollo bo tapado. Recúperallo o can Paulino lambéndollo.
Ao gordo verdécelle a cara coa fame e o da escopeta, nervioso, disponse a empezar a pegar tiros, pero a arma líscalle voando. Anxa consegue abrir unha laranxa, que contén un bocadillo enorme, unha bicicleta para a Veciña Desdentada, unha corneta... E cando un veciño se dispón a roubar unha laranxa, volve a escopeta e cáelle na cabeza.
Os deseños de Luís Seoane para os figuríns e escenografía ilustran esta edición do texto.

72 p. - 20x13 cm.                                                          ISBN    84-7154-212-9



As laranxas máis laranxas de tódalas

Carlos Casares:
As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas
Ilustracións de Luis Seoane


Col. Tartaruga, 19. Ed. Galaxia. Vigo, 1988

40 p. - 19x15 cm         ISBN    84-7154-647-7


As laranxas máis laranxas de tódalas

Carlos Casares:
As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas
Ilustracións de Luis Seoane


Col. Árbore, 61. Serie Amarela. Ed. Galaxia. Vigo, 1991

58 p. - 19x16 cm.         ISBN    84-7154-870-4



Opinion