| Xoán
Babarro: Kumamoto Canchés, o meu robot
xaponés Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Ala Delta, 8. Serie Azul Ed. Edelvives. Zaragoza, 1991 |
![]() |
A Roi tróuxolle o seu tío
mariñeiro un robot xaponés, Kumamoto, que revoluciona a casa coas
súas habilidades. O avó, canso das súas trastadas, pois
xoga agachándolle o caxato, comeza a propoñerlle adiviñas,
que o robot atina debuxando as respostas. Demostra ser un auténtico
especialista que tamén é capaz de inventalas. Pero un día
extraviouse no parque co gato Laúdo por intentar defendelo do ataque dun
can. Gracias a un anuncio no xornal, recupéraos: estaban na casa dunha
rapaza que os acollera ao atopalos perdidos e magoados na estrada. Alí
aprendeu a pillar ratos polo rabo. |
|