blix



Darío Xohán Cabana: Inés e a cadela sabia
Ilustracións de Mª Ángeles Maldonado
Col. Tucán, 25. Serie Azul
Ed. Rodeira - Grupo Edebé. A Coruña, 2000

Inés e a cadela sabia

A voz coloquial dun narrador adulto conta que Inés vive na pequena parroquia de San Miguel da Insua. Aínda non fixo os seis anos e ten unha cadela moi lista, Faísca, que ás veces é algo porcona... Enténdese ben aínda que a cadela só sabe falar no seu "idioma canego". Xogan mesmo á birisca, sen facer trampas, salvo cando vai perder a rapaza, que entón faille algunha pequeniña. Faísca xa ten mozo, o braco alemán moi guapo, Léon de Brandariz, un pouco parviolas pero moi agudo para a caza. Cando empeza a escola, os dous acompañan a Inés e agárdana á saída para traela de volta á casa.
Un día, cando os pais non estaban por teren ido traballar a unha chousa, Inés "convence" a Faísca de que a deixe ir ás Rozas Arnegas, monte onde hai minas das que a xente sacaba area para as casas, por onde ningún veciño pasa. Como a mestra lle falou na escola dos dinosauros, quere ver se aínda queda algún alí. Buscando neles, acaba caendo nun pozo, ao que tamén se bota Faísca para consolala e no que o pasmón de León tamén se mete, en vez de ir dar o aviso. Toda a parroquia anda á súa busca, pois xa é noite. E por fin dan con ela. Atópana durmindo tranquila, acubillada polos cans.

144 p. - 12x17 cm.                                                             ISBN    84-8116-734-7



Opinion