blix



Antón Cortizas Amado: O incrible invento de Solfis, a pianista
Asociación Intermunicipal "Mostra de Teatro Infantil Galego Xeración Nós". 1994

O incrible invento de Solfis

Logo de ter inventado un clavicémbalo de rabo, unha sinfonía con sabor a vainilla, o baile de estarse quietos ou a música de pegamento, Solfis a pianista, proponse crear música sólida. A soa mención desta nova posibilidade amedrenta a Capsa Capsae (a caixa de música clásica), a Caixa Caixón, (a caixa de música tradicional) e a Box Rock (a caixa da música moderna), que ven perigar o seu oficio.
Velaquí o punto de partida desta obra de teatro composta por un preámbulo e tres actos nos que atopamos a personaxes tan curiosos coma Dona Dómina .nai de Solfis-, Cómodo, o acomodador, ou o xornalista italiano Retritti Candeas Cartel, reporteiro da revista Il mondo redondo.

72 p. - 13x17 cm.                                                          ISBN    84-604-9639-2



{short description of image} A nosa literatura infantil e xuvenil 1994
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 7. 1996



Opinion