blix



Antonio García Teijeiro: Honorato, o rato namorado
Ilustracións de Manolo Uhía
Col. Merlín, 172. Edicións Xerais. Vigo, 2007

Honorato, o rato namorado

Cóntase a historia de Honorato, un rato namorado e poeta a quen lle gustaba pintar as palabras de cores. Lía libros de poemas na biblioteca e mesmo compoñía algúns para o seu amor, a Lúa. Enviáballos por unha pomba mensaxeira ou recitáballos dende a rúa. Pero como ela parecía ignoralo, durmindo despreocupada, instalouse nun calcetín de raias nos soportais e un día berroulle á Lúa que xa non estaba namorado dela. Pouco despois, desapareceu sen deixar rastro.
Que tampouco dá atopado o narrador, outro rato namorado da Lúa, para a que compón poemas coa esperanza de que non sexa xorda a eles. Ou que non sexa cega, e poida ver as atractivas ilustracións que comparten a luz do texto.

64 p. - 19x14 cm.                                                          ISBN    978-84-9782-574-0



Opinion