blix



Alberto Varela Ferreiro: Historia dunha lata
Ilustracións de Alberto Varela Ferreiro

Col. Camaleón. Serie Laranxa, 17. Planeta&Oxford
Barcelona / San Fernando de Henares, 2006

Historia dunha lata

Unha soleada mañá de primavera estaba pacendo a vaca Pinta no prado, famenta e disposta a almorzar pracenteiramente, cando lambeu unha cousa fría de metal: era unha lata, que lle pediu que non a comese. Entón a lata comezou a contarlle a súa historia: a súa orixe mineral no interior da terra, de onde a sacaron os mineiros, até a súa conversión en folla de lata e logo fermosa lata de atún exposta nos andeis duns grandes almacéns, toda fachendosa. Un día levouna unha familia de profesores e tres fillos, moi educados todos e moi sensibilizados coa reciclaxe, que é o ceo das latas. Pero, sen embargo, o día que a levou o fillo ao campo cando marchou de sendeirismo e acampada, botouna no prado despois de comela. Xa fai un ano diso. Alí quedou. Alí está.
A vaca Pinta escoita a historia mentres segue pastando e comentan das rarezas dos humanos (que a lata ás veces defende) e os seus vertedoiros, a obsesión por comer de todo, as moitas máquinas que teñen, etc. Ao acabar a súa historia a lata, alí queda coa esperanza de que algún día cando o amo da vaca veña segar a herba do prado a bote nun colector de reciclaxe. Daquela, sentiríase orgullosa de volver ser útil.
Completa o texto un abundante traballo de ilustración, en páxinas aparte, cunha concepción moi próxima ao deseño publicitario e pop-art.


48 p. - 20x13 cm.                                                      ISBN     978-84-9811-071-5



Opinion