blix



Pinto & Chinto: Historia de Román o bombeiro
Ilustracións de Pinto & Chinto

Montaña Encantada. Serie Verde
Ed. Everest Galicia. León, 2006

Historia de Roman o bombeiro

Cando ao cumprir nove anos Román apagou dun sopro as nove candeas do pastel, soubo que de grande habíase dedicar a apagar o lume. Dende aquela, devecía por apagar as dos aniversarios dos amigos e mesmo se ofreceu aos anciáns do asilo: como eles non tiñan folgos, el apagáballes as candeas. De maior, foi á academia de bombeiros e entón comprobou que o traballo era máis complicado. O xefe púxoo de condutor do camión, que lle pegou a arder; os compañeiros malamente deron apagado o lume. Destinado na Brigada de Rescate Gatuno, foi incapaz de salvar a un gato que dunha árbore en chamas: rescatouse o gato a si mesmo e incorporárono con todos os honores ao corpo de bombeiros. Cando lle encargaron o salvamento en ascensores, intentando liberar a tres persoas, quedou encerrado noutro ascensor; tivo que rescatalos a todos o gato.
O xefe, o capitán Tarazona, era un bombeiro tan respectado que ata o lume fuxía atemorizado ao velo chegar. Unha vez, despois de apagar un volcán enchéndoo de auga, fixo nel sopa de verduras. Nun incendio no monte púxose a facer tales acrobacias no hidroavión que o lume, asombrado, esqueceuse de seguir queimando árbores, polo que os bombeiros de terra pillárono desprevido e apagárono. Pero o caso de Román era moito: xa non sabía qué facer con el.
Ocorreu que un día que o camión tiña derramada a sirena, cuxo son Román imitaba moi ben, e mandoulle ir coa cabeza fóra facendo de sirena no coche. O pero foi que ao chegar setiu tal sede que bebeu toda a auga do tanque. Menos mal que logo tivo que mexala e apagou el só o lume da casa. Por iso lle fixeron unha fonte de homenaxe: unha estatua del cichando auga como se mexase.

55 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-403-0531-1



Opinion