|
No século XVII, o pirata inglés
Schiller abordou un barco italiano que levaba valiosos gravados para un califa.
Encargado o aventureiro florentino Boticheli de recuperalos, vai a
Túnez, onde tiña o seu refuxio o corsario. Alí por un
ancián sabe dunha buguina que á noite deixa oír as
conversas que escoitou polo día. Roubáralla Schiller. Consegue
recuperala e gracias a ela localiza o comerciante que lle comprara os gravados
ao pirata. Faise con eles e foxe nunha caravana polo deserto conseguindo eludir
un asalto dos imohags. En Marsella, un pousadeiro intenta enredalo para
roubarlle, pero enteirado pola buguina, lisca. En Xénova logra
saír da cidade simulando unha procesión. Préndeno logo,
pero libérano uns serventes da familia Doria disfrazados de soldados e
chega por fin, pasados meses do comezo da aventura, a Florencia, entregando os
gravados ao seu dono, un rico comerciante. No epílogo
informásenos de que Boticheli tirou a buguina ao mar para evitar que
caese en malas mans. Algún día se cadra volve aparecer nas redes
de calquera embarcación das nosas rías. |