| Magdalena de
Rojas: ¡Hip-Hip Hurra! Ilustracións de Blanca Barrio Col. Árbore, 107. Serie Verde Ed. Galaxia. Vigo, 1999 |
![]() |
Peza de teatro de ambiente "real". El-Rei
Mandamais (que só proba perdiz desde que un día foi feliz ao
comela) xogoulle a El-Rei Tatexo a man da súa filla Tanxerina contra o
reino deste (un simple testo con catro flores mal feitas). Trátase de
dicir ben un trabalinguas pero el ten impo e non lle dá pasado e o seu
rival consegue non tatexar cando toma xarope de cotorra. É certamente un
caso complicado. Pero os fillos, o miope e desmemoriado Pergamiño, e
Tanxerina, conseguen desfacer a aposta con algunha que outra trampa. |
|