| Colectivo
Garola: ¿Hai gato pechado na caixa de
Torcuato? Col. Teatro nas Aulas, 8 Asociación Socio-Pedagóxica Galega A Coruña, 1996 |
![]() |
Obra escrita en 1992 e estreada polo grupo TEINA no ano 1993 na
Mostra de Teatro Infantil "Xeración Nós". Dividida en dous actos
con oito e tres escenas respectivamente, relata o acontecido tras ser convocado
o V Certame Internacional de Autómatas Cándido Requena, no que os
dous concursantes históricos, o doutor Triquiñuelas e o doutor
Atila, se ven sorprendidos pola presencia dun novo concursante, Torcuato
Berenxena, que manda ao concurso unha misteriosa caixa con ordes de non abrila
nin tocala. O desexo de averiguar o que hai na caixa é tal que subornan
ao vixiante da sala de exposicións onde están as obras do
concurso coa finalidade de estragar os autómatas do resto dos
competidores e averiguar qué hai na caixa. A pesar de todas as
artimañas non conseguiron saber o segredo ata o último minuto do
certame. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1996 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia Coordinación: Mª Isabel Soto López Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998 |