| Calo Iglesias:
Grandullón, o xigante abusón (e outras
pezas de teatro infantil ecopacifista) Ilustracións de Fausto C. Isorna Seminario Galego de Educación para a Paz Editorial Toxosoutos. Noia, 2000 |
|
Tres irmáns prisioneiros do xigante Grandullón
conseguen liberarse da súa opresión gracias a un ungüento
máxico que lles proporciona un ratiño. Os átomos saen da
bomba atómica cando comproban a falta de escrúpulos do Xeneral
Xeneralísimo e dos Señoróns fabricantes de guerras. Son
algo máis que catro gatos os que acordan, nunha asemblea da
Asociación Demo-Gática Galega á que non faltan nin Micifuz
nin o Gato con Botas, solidarizarse e compartir as sardiñas cos gatos
famentos do terceiro mundo. A unión e a solidariedade, na que entra a
Estrela Máis Brillante, pode impedir que os fillos saian
entangarañados pola nuclearización. Porque preferimos o Santiago
Romeiro ao Santiago Matamouros. |
|