blix



Miguel Vázquez Freire: O gato Bógar
Ilustracións de Asun Balzola

Col. Merlín. Eds. Xerais. Vigo, 1989

O gato Bógar

Conta o narrador que o seu gato, Bógar, descubriu xogando cos libros ao rato protagonista de "Guillelme, un rato de biblioteca" e seguiuno polo libro adiante. Nel coñeceu unha gatiña tristeira, á que lle ensinou o país de fóra dos libros: o estudio da ilustradora Asun Balzola, onde derramaron tarros de pintura sen querer. Agora, mentres Bógar descansa, durmindo tranquilamente ao pé do escritor, este ponse a escribir dous contos:
"Conto do cabaleiro valente": ninguén se atrevía a pelexar con él pola súa inaudita temeridade, pois non coñecía o medo. Nin o xigante Fendealmas, cun ollo na fronte e outro na caluga, nin un terrible dragón nin a visión dunha moreas de homes atravesados por armas o asustaron, pero si un espello no que se viu as costas, ao comprender que tiña un punto débil que nunca podería vixiar. Entón soubo o que era o medo e sen renunciar á aventura procurou gozar da amizade e do amor.
E o "Conto do neno que non quería ser namoreiro", no que os pais de Lolo, xa vellos, dixéronlle que debía saír polo mundo adiante aprender máis cousas. Para saber se a xente coa que atopase era de fiar aconselláronlle que reparase en cómo compartía a comida. Así soubo librar dunha serpe, falsa pois pediulle moi pouca comida, pero un cabalo levouno onda o seu amo, o xigante Salcatrús, que comía nenos. Gracias a unha rapaza coa que compartira a súa comida, que resultou ser a criada do xigante, matouno mediante un preparado con herbas. Morto o xigante, os nenos puideron saír xogar e eles dous instaláronse na súa casoa, casaron e foron felices.

64 p. - 13x19 cm.                                                          ISBN    84-7507-376-X



Opinion