|
| Alberto
Avendaño: O gato metido nun saco Ilustracións de Silvia Lamas Col. Árbore, 1. Serie Verde Editorial Galaxia. Vigo, 1988 |
![]() |
Don Matías, o ancián navegante
frustrado, atopa un día a catro rapaces mirando o escaparate da
súa tenda de animais. Desde aquela van compartir moitas horas no ruidoso
e variopinto negocio. Os catro amigos, Calo, Tino, Turbo e Manuelo prefiren
enredar co vello en vez de aturar os profesores. Por iso el mesmo os deixa ao
cargo do establecemento para atender os clientes, aínda que ás
veces non procedan profesionalmente, asustando a unha muller convertendo a Calo
nun cadelo enrabexado o recomendándolle a outro que lle toque a
harmónica ao xílgaro para que cante mellor. Non poden estar sen
facer das súas, levando un mono da tenda para xogar a Tarzán ou o
gato Micho, que pechan nun saco e botan á auga, facendo carreiras con el
atado. Mesmo son capaces de meter un gato nun garrafón, que
inevitablemente rompe armándose un bo batifondio. |
|