blix



autor          ·          lector         ·         colección         ·          xénero         ·          ano



Agustín Fernández Paz: Os gardiáns do bosque
Ilustracións de Cristina Durán e Giner Bou

Col. Carteira de Valores, 5. Baía Edicións
A Coruña, 2006

Os gardiáns do bosque

Ana e Luís viven nunha vila a carón do río e xúntanse todas as tardes para xogar nunha carballeira inmensa. Un día, uns homes vestidos de gris puxéronse a medir o terreo, porque a propietaria, dona Rosa, vendérao por moitos cartos para que fixesen alí centos de casas. Reunidos ao redor do Gran Carballo os rapaces non saben que facer. Mais os seres máxicos do bosque escoitáronos. E en sucesivas noites foron un trasno, dúas fadas verdes, unha bruxa e unha moura dicirlle a dona Rosa que non tiñan onde ir se desfacían a carballeira, pois xa tiveran que deixar os bosques e os ríos onde vivían por culpa da contaminación. Uns días despois, xa desapareceran as máquinas. Dona Rosa volvérase atrás na venda. Á tarde seguinte os nenos fixeron unha festa ao pé do Gran Carballo. Os seres máxicos, agachados entres as pólas, tamén se sentían felices. E seguirían a protexer a vida nos bosques e nas augas como veñen facendo desde os comezos dos tempos.
A edición, ilustrada a cores, incorpora unha reflexión didáctica de Teresa Soler Cobo sobre a necesidade de protexer a natureza e conservar a auga limpa, dosificando o seu consumo, para que a vida no planeta continúe.

32 p. - 23x17 cm.                                                          ISBN    84-96526-56-9




Traduciónslinha

Castelán Los guardianes del bosque
Il. Giner Bou, Cristina Durán
Col. Cartera de valores, 5 Algar Editorial. Alzira, 2006
32 p. - 22x17 cm / ISBN: 84-9845-013-6
Castelán Los guardianes del bosque
Il. Giner Bou, Cristina Durán
Col. Cartera de valores, 5. Círculo de Lectores. Barcelona, 2006
32 p. - 22x17 cm / ISBN: 978-84-672-2149-7
Catalán Els guardians del bosc
Il. Giner Bou, Cristina Durán
Col. Cartera de valors, 5. Ed. Bromera. Alzira, 2005
32 p. - 22x17 cm / ISBN: 78-84-9824-131
Euskera Basoaren zaindariak
Il. Giner Bou, Cristina Durán
Erein, col. Balioen txanda, 5. Donostia, 2006
32 p. - 23x17 cm / ISBN: 978-84-9746-339-3




Opinion