blix



Xosé Mª Heras Varela: A fuxida dos nenos
Ilustracións de Evaristo Pereira

Col. Sotelo Blanco Infantil e Xuvenil, 5. Serie A máquina de escribir
Ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 1991

A fuxida dos nenos

Santiago e tres nenos máis, Carolina, Sabela e Diego, que son irmáns, foxen dun orfanato porque os castigan e maltratan ata a explotación.
Xa na rúa, decátanse de que non teñen onde ir e están dispostos a durmir na estación do ferrocarril antes que voltar ó orfanato.
Pero encontran a Xan, que é un detective privado, e cóntanlle a súa historia empezando para eles unha nova vida na que resolven un difícil caso de tráfico de nenos converténdose en heroes desta aventura.
O tema do libro está de actualidade ainda que aquí é tratado en clave de humor e sen profundizar moito. Os malos tratos por parte dos pais son sustituídos polos dos responsables do orfanato: o director e un celador, que utilizan ós pequenos no seu propio proveito para enriquecerse cos seus traballos.
Hai, ademais, un caso de tráfico de nenos, raptados das súas casas e levados ó orfanato para facelos traballar a reo. Alí sofren castigos corporais e humillacións de todo tipo.

144 p. - 19x13 cm.                                                             ISBN    84-7824-086-1



Papeles de literatura infantil.
Nº 14. Decembro 1991
Servicio Municipal de Educación. Concello de A Coruña.



Opinion