blix



Pepe Carballude: A fraga misteriosa
Ilustracións de Avi

Col. O Barco de Vapor, Serie Laranxa, 15
Ediciones S.M. Madrid, 1992

A fraga misteriosa

Na vila de Montouto hai un concurso de pífanos co gallo das festas de xullo. Gaña Berto gracias ao pífano que lle deu o tío Turulucas, feito con madeira dos abeneiros da Fervenza de Merlín, a mesma dos zocos vellos de Denís, cos que marca seis goles. Turulucas explícalles que a fervenza está nunha fraga próxima na que os animais andan seguros e libres pois os cazadores non poden entrar. Ocórreselles que alí pode estar a Laia, a cadela que Berto perdera había un ano.
Deste xeito, Berto, Denís e Olalla, coa compaña do can Quisco intérnanse na fraga misteriosa, onde lles ocorren cousas soprendentes: a auga do estanque parece ter vida e as troitas, patas; ven o Gatipedro abastecéndose de auga... e chegan ata a tumba do Rei Artur, gardada por un simpático dragón verde que os trae de volta voando, cando xa toda a vila estaba preocupada pola súa desaparición. ¡E, ademais, atoparon a Laia!

96 p. - 19x12 cm.                                                             ISBN    84-348-3710-2



Opinion