blix



Marilar Aleixandre: A formiga coxa
Ilustracións de Fran Jaraba

Col. Merlín. Edicións Xerais
Vigo, 1989

A formiga coxa

Unha formiga que perdera unha das seis patas e por iso era discriminada polas compañeiras marchou un día a percorrer mundo. Acompañárona na súa busca da terra onde ser felices unha ra peluda e unha cobra chosca. Chegaron a unha cidade onde os nenos tiñan a enfermidade do sono. Ocorréseulles curalos polo xogo de contrarios das plantas somníferas, que localizan no mundo coa axuda dun rato de biblioteca. Conseguíronas coa axuda do Mareante do Tempo. Fixeron un cocemento con todas as plantas e os nenos volveron xogar.
Seguiron camiño e, logo de librar dos feroces xigantes fanáticos, nunha illa de plantas e xentes ananas recuperaron a princesa Hipatia, fuxida porque os pais pretendían que regresara do baile ás dez e media. Embarcaron logo ata Fisterra, onde tamén había outra formiga de cinco patas e solucións para as súas compañeiras de viaxe. E alí se instalaron a vivir felices.

98 p. - 19x14 cm.                                                             ISBN    84-7507-435-9



Opinion