blix



Heidi Kühn-Bode: Fideliño o carteiro
Ilustracións de Xan López Domínguez

Col. Altamar, 4. Serie Humor. Editorial Bruño. A Coruña, 1991


Fideliño o carteiro

Moitomellor é unha vila diferente, e o seu carteiro un personaxe peculiar. Como facía a súa avoa, que abría e lía as cartas para logo contarlles o contido aos destinatarios, que non sabían ler, o carteiro Fideliño curiosea nas cartas, que logo pecha con moito tino. Por elas, sabemos das tarxetas en inglés que lle manda Carlota desde Manhattan ao alcalde, do misterioso paquete que recibe do Xapón o tendeiro Hermenexildo ou do enigmático namorado de Anuska, que cada xoves lle envía unha carta de amor...
En forma de áxiles diálogos e con notas humorísticas, van desfilando os personaxes, nunha boa relación comunicativa e cos seus enredos: o mestre Moisés ten unha sustituta que fai sentir nostalxia de súa bondadosa sabedoría; Anuska intenta por diversos medios descubrir o seu namorado anónimo; Hermenexildo recibiu do Xapón uns misteriosos Mormofoniños, uns bechos electrónicos que collen diversas formas mesmo de globos flotantes, pero non llos quere ensinar aos veciños aínda; o amor do carteiro, Benny, anda sempre en moto e con minisaia moi curta e é tan especial porque aterrou doutra galaxia en Galicia, onde se sente moi ben; o can do carteiro, Cancudrulo, é un fillo de lobo que non sabe ladrar ben...
Esta galería de personaxes no seu curioso territorio, péchase cunha ampla proposta de actividades didácticas, habitual na colección, da autoría de Mª Xesús Lama.

123 p. - 12x19 cm.                                                               ISBN    84-216-1638-2



Opinion