blix



Luz Fandiño: Farangulliña de neve
Ilustracións de Quintana Martelo

Tórculo. Santiago, 1998

Farangulliņa de neve

Relato de estrutura sinxela que combina a voz narrativa en terceira persoa con diálogos que se presentan en forma de texto dramático e con tipografía diferente.
Conta a historia dunha farangulliña de neve que vive nun bosque dos Ancares pousada nun vello carballo. Un día expresa os seus anceios de percorrer o mundo e farao coa axuda dunha nube e do vento. Así descobre o mar, os barcos que navegan sobre el, a paisaxe mediterránea, ata que chega ao deserto e observa a miseria dun país onde o rei vive nun gran palacio e os nenos morren de fame. Farangulliña coñece daquela as diferenzas que existen no mundo dos homes e decide voltar aos Ancares. Mentres, os habitantes do bosque buscan á menciñeira Galia para que cure o carballo da súa estraña e repentina enfermidade. Segundo Galia a árbore ten unha ferida no corazón que só poderá sanar "un bico de auga non chovida" que será o que lle dea Farangulliña cando pousa de novo sobre el.

20 p. - 29x17 cm.                                                               D.L.    C-654-98




A nosa literatura infantil e xuvenil 1998
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000



Opinion