|
| Agustín
Fernández Paz: Fantasmas no corredor Ilustracións de Óscar Villán Col. Merlín, 157. Eds. Xerais. Vigo, 2005 |
|
Desde que se mudaron a outra casa, antiga e
grande, por mor do nacemento da irmá Beba, Mariña oe
ruídos raros de noite e conclúe que son os fantasmas trouleando
polo corredor. Explícallo ao pai: son unhas tundas negras, invisibles de
día, que foxen en canto se prende a luz meténdose dentro das
paredes, mais el pensa que son os canos da auga; a nai opina que son as
madeiras vellas, que renxen, e repróchalle que teña tanta
imaxinación; o irmán Xavier búrlase dela, sostendo que son
as ratas; e Beba é demasiado pequena, só fai gatear pola casa
procurando cousas para romper. O caso é que ninguén a cre. E ela
segue a sentilas ao seu carón, espiándoa cos seus cen ollos
invisibles, cando na noite cruza con medo a toda présa o corredor porque
necesita ir ao cuarto de baño. |
|
| Traducións |
| Fantasmas en el
pasillo Il. Óscar Villán Seoane - Trad. Soledad Carreño Albín Calcetín, 16 Serie blanca. Algar Editorial. Alzira , 2005 64 p. - 20x13 cm / ISBN: 978-84-96514-61-4 |
|
| Fantasmes al
passadís Il. Óscar Villán Seoane - Trad.María Grau i Saló Col. El Micalet galàctic, 118. Ed. Bromera. Barcelona, 2005 64 p. - 21x13 cm / ISBN: 978-84-96569-21-8 |
|
| Fantasmes al
passadís Il. Óscar Villán Seoane - Trad. Josep Franco Col. El Micalet galàctic, 118. Ed. Bromera. Alzira, 2005 64 p. - 21x13 cm / ISBN: 978-84-9824-000-9 |
| Recensións |
| |
| Materiais |
| |