blix



Xosé Cermeño: Estas rapazas chegarán moi alto
Ilustracións de Teresa Novoa

Col. Merlín. Edicións Xerais
Vigo, 1995

Estas rapazas...

Cando a catedral de Santiago estaba ateigada de xente de todo o mundo, Clara e as xemelgas Teodora e Dorotea inician unha particular viaxe no botafumeiro catedralicio arredor do mundo.
Na viaxe acompáñaas a señora Lirón que estaba adurmiñando ao seu lironciño dentro do botafumeiro. As catro van observando os países a vista de paxaro, e mesmo chegan a coñecer a un nubeiro.
Mentres, en Compostela argállase un batifundio de medo: o pai de Clara e a nai das xemelgas forman parte do Gabinete para Asuntos Botafumantes; o Señor Nespereira, director do aeroporto, encabúxase ao sentir falar de semellante aparato voante; e os xornalistas agardan na Praza do Obradoiro á caza da noticia.
Menos mal que o erudito Carabañas atopa no arquivo un libro de letra simpática e as nenas logran descifrar o método de aterraxe nunha folla do mesmo libro que lles regalara o nubeiro. Aterraron na Praza das Praterías, xusto cando o repartidor de "Pizzas Repentinas" saía da catedral de levarlle dúas ao bispo.

144 p. - 19x14 cm.                                                             ISBN    84-7507-924-5



A nosa literatura infantil e xuvenil 1995
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Carmen Bar Cendón, Xulia Barros e Mª Xesús Fernández.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 9. 1997



Opinion