blix



María García Yáñez: O espello
Ilustracións de Ricardo Pérez Rilo

Col. Merlín. Edicións Xerais
Vigo, 1991

O espello

Irene ou Sina é unha nena que tolea a calquera de tanto que fala e lle dá ao maxín. Ás veces non se sabe o que é verdade e o que é inventado no que di. Por iso cando contou que tiña unha amiga, Catuxa, do outro lado do espello, todos na casa se riron. Ata que un día de terremoto pasou ela para o lado de Catuxa e esta veu para a casa de Irene. Boa foi a sorpresa de Todos os da familia ao atopar a intrusa na cama, e maior aínda cando os despediu botándolles botes de pintura.
Foron todos enlarafuzados presentar denuncia na policía, onde os tomaron por tolos. Tamén no xornal, ao saber que pretendían anunciar que estaba perdida a rapaza na propia casa. Chamaron ao 007 e o detective Bon intentou solucionar o enredo, aínda que acabou el enredado e liscou axiña. Menos mal que as dúas rapazas acordaron volver cada unha ao seu espacio familiar.
Agora xa a familia non se ri de Sina: ¡ameázaos con traer outra volta a Catuxa!

56 p. - 19x14 cm.                                                           ISBN    84-7507-564-9



Opinion