blix



X. Neira Vilas: Espantallo amigo
Ilustracións de Varios

Ediciones Celta
Lugo, 1971

Espantallo amigo

O tío Ramón de Reborneda é velliño e pobre. Ten a maior figueira da aldea ao pé da casa. Pero deron con ela os merlos e non paran de peteirar nos figos. Armou entón un espantallo con dous casqueiros de piñeiro manso, un melón, dúas cereixas, un pexego e roupas vellas. Pousouno na galla máis baixa da árbore e os merlos fuxiron.
Pero o espantallo quería acabar coa ruindade na aldea e chegou a un trato con eles para que non lle tivesen medo: podían pousar nel, pero terían que buscar comida noutro sitio. Fixo máis amigos: convenceu ao can Penexo de que non debía ladrar diario para defender a eira, a un grilo de que lle fose cantar á cociña do tío Ramón para alegrarlle a súa solitaria vida, ao gato Xirimía, que puido xogar co can.
A súa bondade non quedou no ermo. Así, unha vez que había treboada os merlos arredaron a nube do trebón e despois viñeron secar ao espantallo; o gato Xirimía escorrentou o fume dun lume próximo para que non lle molestase. E, como todos se movían, cando quixo ver mundo, os amigos baixárono da árbore e sentiu a felicidade de ser levado polo vento.
Foi parar onda unha casa na que vivían dous nenos pobres. Deulles a súa roupa e todo o que tiña, ata o pexego que lle facía de corazón.

66 p. - 16x22 cm.                                                          ISBN    84-7044-028-4



Espantallo amigo . X. Neira Vilas: Espantallo amigo
Ilustracións de Penélope Ares


Col. Árbore, 12. Serie Verde
Editorial Galaxia. Vigo, 1989


Edición revisada ortograficamente. Novas ilustracións.



76 p. - 20x11 cm.                 ISBN    84-7154-674-4



Espantallo amigo . X. Neira Vilas: Espantallo amigo
Ilustracións de Xaquín Marín


Col. Árbore, 12
Editorial Galaxia. Vigo, 2006

Reedición na mesma colección con novas ilustracións.



96 p. - 19x14 cm.                 ISBN    978-84-8288-903-0



Opinion